Xurxo Paz, estudante de Dereito e coordinador do asociación Aturuxo de Boiro, envía este artigo en plena resaca futboleira.
Os xogadores da selección española celebran a vitoria na Eurocopa polas rúas de Madrid / Flickr: heartindustry
Con esta pregunta un 'pai de familia' acompañado da súa compañeira e de dous fillos, alteraba a noite compostelá do domingo 29 de xuño. Polo visto a selección española gañara a final da Eurocopa á selección alemá.
Coma un lóstrego (nun arrebato de coraxe) abrín a fiestra e dixen alto e claro: "aquí!". Entón o amigo (acompañado da familia) contesta: "ahora bloqueiros de mierda, os tenéis que joder. Sois una mierda. Viva España!", sentenciou. Eu fechei a fiestra e continuei ao meu, que era pouco máis que continuar deitado na miña cama lendo un libro sobre a situación en Palestina.
Pero comecei a darlle voltas e pensei en tentar explicar por que, baixo a miña opinión, esa selección nunca foi nin será a nosa. Todas/os que teñen un compromiso con este país teñen claro que a selección española é un instrumento máis para asimilar política e culturalmente o que Galiza significa. Pero vou tentar dar uns argumentos para eses/as que sempre saen coa mesma (mesmo dentro da xente que se di comprometida co país): isto non é política, non ten nada que ver.
Primeiramente é preciso recordar que o Estatuto de Autonomía de Galiza vixente a día de hoxe (un marco no que Galiza non colle) inclúe diferentes competencias exclusivas da CAG (Comunidade Autónoma Galega), estas están recollidas no artigo 27. Entre elas recóllese a competencia exclusiva da promoción deportiva. Esta competencia debería garantir que Galiza (entre moitas outras cousas) tivese seleccións nacionais oficiais e coa posibilidade de competir internacionalmente. Pero o Estado Español (unha vez máis) emprega un "truco" para impedir a existencia real das nosas seleccións. O que fan é colocar na camisola d@s xogadores/as o escudo do Estado Español. Sendo así o único Estado do mundo que coloca o escudo na camisola (pois as seleccións normativamente representan federacións). Fan isto porque a Constitución Española recoñece como competencia exclusiva a representación internacional do Estado Español ao propio estado. Con esta "xogada" conseguen evitar "legalmente" que @s galeg@s poidamos contar coas nosas seleccións nacionais.
Hai que destacar que se teñen dado situacións verdadeiramente vergoñentas para impedir a participación en competicións internacionais, por exemplo o acontecido coa selección catalá de hóckey, que foi expulsada do campionato do mundo por presións do Estado Español, a prohibición de partidos, etc.
Se o Estado Español emprega trampas (por moito que entren na súa legalidade) para roubarnos o dereito a dispoñer de seleccións nacionais, nós non debemos caer nelas!
Hoxe e sempre seleccións galegas oficiais e internacionais!
1 Comment:
Reconheço que o de estar a ler um livro sobre a situaçom palestiniana é um pouco chachi de mais, pero polo do resto concordo!!
Post a Comment