Manda caralho, e ai vai outro....
sábado, 31 de dezembro de 2011
Precisam-se ideias
Precisam-se ideias para o blogue.
Eu pensara em algo assi como umha conta de twitter onde puideramos publicar chios desde o movil directamente a umha secçom do blog... poderá-se fazer?
A ver, que outras cousas?
Posted by
O'Chini
at
21:29
3
comments
Labels: as nossas cousas
44%
Este blogue poderia ser mais ou menos umha amostra do que se coce no nosso pais, na nossa geraçom polo menos:
Oishu Galiza
Edu P. Madrid
crisbodelon Madrid
Manuel Madrid
Toupix Madrid
OSCARPARADELA.COM Madrid
Maria Lisboa
O'Chini Lisboa
O'Pablo Galiza
gusta_vete Galiza
O'Poldow Galiza
Amorím da Couta Galiza
π Galiza
The Sobrado Galiza
Marta Galiza
Txomin Madrid
Danito Galiza
O home de Luou Galiza
Emigrados 44%.
Posted by
O'Chini
at
19:00
4
comments
Labels: as nossas cousas
sexta-feira, 30 de dezembro de 2011
Saúdos mesetarios
Boas compañeir@s...
con menos asiduidade da que me gustaría, pero sigo a ler o blogue moi esporádicamente (aínda que ultimamento cada vez con menos tempo para "participar")...
Saúdos dende a capital do Imperio... Bó Nadal! Feliz Aninovo! e bicos e apertas para tod@s!
Posted by
Edu P.
at
15:49
2
comments
segunda-feira, 26 de dezembro de 2011
Outra carta do Pai de Antom Santos.
Pinga a pinga o puteo: falo do sistema carcerario
unha amiga ponme en contacto telefónico cun galego que vive en Aranjuez, e a voz hospitalaria deste novo amigo abrénos as portas da súa casa, para que nos aloxemos cando vaiamos aló, e ofrécese a levar un paquete á cadea para o Preso
os paquetes deben entregarse en domingos alternos, desta volta ten que ser o 25 de decembro, cando a cultura occidental está presidida polo espírito do natal
aproveitámonos do ofrecemento do noso home de Aranjuez, aínda que non ten coche, e o derradeiro autobús dos domingos desde o Centro Penitenciario é as cinco e dez, e o paquete debe entregarse ás sete, nunca antes
o amigo busca persoa amiga motorizada e cara aló vai, ao km 28 da "Carretera Nacional 400", no domingo frío de decembro
chama sobre as oito e media, e dinos que non querían deixarllo pasar, que para entregar o paquete cómpre estar autorizado polo preso: é todo mentira, pero tanto ten, hai que procurar a maneira de provocar
non me quixen poñer en plan legalista, conta o noso galego de Aranjuez, había moitísima tensión, unha muller chorando, trasladáranlle o home sen avisar, xente á que lle poñían problemas cos seus paquetes, berros.... eu procurei o meu mellor sorriso para que se compadecese de min e de vós o funcionario...
...recolleron o paquete, pero dixeron que tiñan que revisalo, e ao cabo pasou, pero devolveronme uns pantalóns de chándal, que non cabían, dixeron que non cabía algo que eles mesmos acababan de tirar da bolsa !....era unha prenda pensada para abrigarse dos rigores daquel inverno mesetario
a ver se o resto da roupa e os libros chegan, a ver...
ben o sei, si, ben sei que non vai ser a derradeira pinga de crueldade, haberá máis, e tamén enxurradas.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
23:12
0
comments
Labels: Politica
sábado, 24 de dezembro de 2011
Bon Nadal!!!!
Que pasedes unhas boas festas!!! ( e se pasades por Santiago, dade un toque! que no me entere yo :-P)
Posted by
Marta
at
19:53
2
comments
sexta-feira, 23 de dezembro de 2011
A Conselheira de Trabalho di que os jovens emigram porque querem
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1046144
Santiago de Compostela, 22 dic (EFE).-La conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ha rechazado hoy que los jóvenes gallegos emigren de Galicia por falta de oportunidades, sino que muchos lo hacen para de manera temporal, por prácticas de trabajo o para formarse, y acusó a la oposición de intentar crear una "falsa alarma" a este respecto.
En respuesta a una interpelación del BNG en el pleno del Parlamento, Mato ha constatado que la valoración de la Xunta sobre las cifras de emigración juvenil "sería mala si los jóvenes marcharan de Galicia por falta de oportunidades, si fuese así no podría ser más que negativa esa valoración,".
Pero ha puntualizado que hay que tener en cuenta que "muchos jóvenes marchan al extranjero de manera temporal, con beca, con programas de prácticas laborales y también para formarse".
También ha destacado que hay juventud de otras comunidades y del extranjero que viene a Galicia "en busca de oportunidades" y "si estuviésemos tan mal, aquí no vendría nadie", ha concluido.
La diputada del BNG Ana Belén Pontón ha reprochado que la conselleira afirme que "la gente joven marcha porque quiere", una justificación que considera "la vieja teoría de Fraga", en referencia al argumento de anteriores Gobiernos del PP.
También la parlamentaria del PSdeG Silvia Fraga ha manifestado que, con este tipo de justificaciones, la Xunta actual "hacen buenos a los del Gobierno de Fraga".
A su juicio, el Ejecutivo autonómico "no está haciendo nada para impedir que la imagen de un joven con la maleta a la espalda sea habitual", a lo que ha añadido que la juventud no marcha "por que les apetezca, sino porque no tienen otro remedio".
Mato ha criticado que la oposición esté creando esta "alarma injustificada" al decir que los jóvenes "marchan como en la época de Fraga porque aquí no hay oportunidades". Por el contrario, aunque ha reconocido que conseguir estas oportunidades puede "ser difícil", considera que no más que en otras comunidades.
La conselleira ha destacado que la tasa de desempleo juvenil en Galicia es del 33 por ciento, lo que supone 12,6 puntos por debajo de la cifra estatal, y ha asegurado que 2007 fue, después de 2010, el año en el que más jóvenes marcharon de Galicia, un total de 28.128 personas.
Además, ha señalado que "el mayor incremento en emigración juvenil" se produjo también en 2007, cuando gobernaba en Galicia el bipartito.
Pontón ha destacado el incremento del desempleo juvenil en los últimos años con el PPdeG, al recordar que cuando llegaron al poder estaba en el 21 por ciento, y que casi 40.000 universitarios fueron contratados por universidades de fuera de Galicia en los últimos años, lo que supone "casi la mitad de los que terminan su carrera" en la comunidad gallega.
Por eso, ha reclamado a la Xunta que "tome en serio" el problema del desempleo juvenil y la fuga de cerebros, a lo que Mato respondió que el paro entre los jóvenes es su "máxima preocupación" y aunque haya circunstancias difíciles, el Gobierno está tomando "todas las medidas para mejorar la situación". EFE
Posted by
O'Chini
at
00:17
2
comments
Labels: noticias
quinta-feira, 22 de dezembro de 2011
Cesaria Evora, Angola
PD: Obrigado Oscar P., por dar a conhecer este video ;)
Posted by
Maria
at
11:22
1
comments
terça-feira, 20 de dezembro de 2011
Carta do pai de Antom Santos.
Boas tardes, amigos e amigas:
Onte, domingo 18, quince días xustos despois de que o prenderan, puidemos ver a Antón. Respiramos, a súa nai e o seu pai. Ao seu irmán non lle permitiron entrar.
A parte da chamada de 45 segundos que puido facer á casa o 8 de decembro, o único contacto que o preso tivo co exterior foi pola denuncia que entregamos hai unha semana (luns 11 de decembro) no Xulgado de Garda de Compostela. Como tiñan que presentarlla para cumprir requisitos legais, Antón puido saber que o día 10 nos presentaramos aló, pero que non nos permitiron nin velo, nin falar con el.
Na cadea, como adoitan, antes de nos levar á zona de "comunicaciones", péchannos nunha sala, á xente que pasamos do exterior. Métente alí dentro, despois do cacheo, sen nada enriba a parte da túa roupa. Quédanse os funcionarios co teu documento legal de identidade. Cando está completo o fato de visitantes identificados, a porta péchase lentamente, co ruído exacto que debe facer a porta dunha prisión.
Descobres, nos vinte minutos que te fan agardar, que é un espello, ese lateral que parece unha fiestra grande. Supós que, detrás del, poden estar observándovos. Ves o patio, e non podían faltar os rolos de aramio de espiño nas beiras. Alí sobrevive, moi mal, unha oliveira. Pensas que a esa árbore débelle ser moi duro soportar as condicións climáticas daquel ermo dos arredores de Aranjuez onde erixiron o Centro Penitenciario Madrid VI. Cadeiras incómodas. Moito frío. Unha nena de menos de ano e medio, no colo da súa nai, co pai dentro da prisión, que xa sabe dicir nena guapa mamá papá e sinala sen se equivocar todas as partes do seu corpiño, se llas nomeas co protocolo adecuado.
Noutra parede, as láminas, as reproducións de cadros que nos fan estarrecer, a min e á miña compañeira, coa color comida polo ambiente. A que está máis cerca é unha reprodución de Three Sisters, de Edumund Charles Tarbell (podedes vela no adxunto a este correo). Tres mozas en apracible impresionista conversa burguesa, a calma nun entorno ameno, verdes e flores. Pouco que ver coa espera no locutorio (deixarano vir hoxe?), cos aparellos que resoan, que renxen con ruídos desagradables, pouco que ver co cristal que se interpón entre nós e Antón, cando, por fin chega.
Non por iso foi menos intensa a nosa primeira conversa. El está ben. Organizado, con deporte e lecturas e debuxando banda deseñada, e non dou máis detalles porque sei o pouco que lle gusta a Antón que se fale del.
Manda apertas para todos e todas as súas amigas (algún, algunha temos en común), para quen está a apoiar este escuro caso de mil maneiras, e preparase con serenidade para a carreira de fondo na Audencia Nacional.
El é atleta. Dixérame que este ano ía preparar unha Marathon. Daquela, ningún dos dous sabiamos que a carreira ía ter estas características.
Apertas, miñas tamén, e mil grazas.
Saúde,
Xosé Luís Santos Cabanas.
P.S. A María Osorio vírona seus pais sábado. A ela xa lle levaron o documento (exhorto) para nomear avogados. A Antón aínda non lle chegou, pero está en trámite. Esta lentitude prodúcese por como está actuando a Audiencia Nacional. Está claro que, entre as preocupacións deste tribunal, non están os dereitos máis elementais dos cidadáns. A pesar deles, a pesar da Audiencia, digo, parece que as cousas van avanzando.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
15:15
2
comments
Labels: Politica
quinta-feira, 15 de dezembro de 2011
Heil Diez!!!
Esta foto é real. http://www.elmundo.es/elmundo/tags/f9/rosa-diez.html
Nom deixar esta foto ao alcance dos nenos.
Consulte com seu médico ou farmacéutico.
Posted by
O'Chini
at
12:40
1
comments
Labels: Politica