quinta-feira, 9 de fevereiro de 2012

Jill Bolte Taylor - desconexión do hemisferio esquerdo

Que acontece cando deixa de funcionar o hemisferio esquerdo do cerebro? Como funciona e percibe o mundo o dereito?

Para comprender mellor a interrelación entre os hemisferios cerebrais, e a función de cada un deles, envío unha conferencia dunha neurocientífica de Harvard sobre o funcionamento do hemisferio dereito do cerebro. Dura 20 minutos e ningún deses minutos ten desperdicio. Narra como ela mesma sufriu un aneurisma cerebral no hemisferio esquerdo, e a maneira en que ía cambiando a súa percepción da realidade a medida que o cerebro lóxico, racional e consciente se lle ía desconectando pouco a pouco e o hemisferio dereito comezaba a prevalecer sobre o esquerdo... De verdade que é unha charla absolutamente recomendable:

3 Comments:

O'Poldow said...

Ola Oishu! Que pasada de vídeo! A verdade é que me "tocou" moito. Pareceume moi interesante, e de feito creo que dá para falar moitísimo. Sobre a forma, sobre o fondo. É emotivo: o documento de alguén que, como eu diría, "bicou á morte na boca". Despois está o feito de que sexa alguén capaz de ter unha linguaxe científica (o que a aproxima á moita xente "lida") e unha linguaxe corporal "efectista". Nalgún momento cheguei a pensar: é unha actriz. Anque supoño que non. Paréceme flipante, en fin, a achega (talvez pequena, pero moi estimulante) que fai ao xeito de procesar a información dento da nosa cabesa. E falar dos vasos múltiples e mínimos que temos por dentro é "constranxedor" de carallo tamén. Finalmente, o punto en que se apoia na terminoloxía "Budista" pareceume inesperado (non agardaba esa metáfora dunha "cientista de Massachusets"). Entendo que vén ser coma unha palabra de esperanza ante a que parece que é a fin da existencia: a morte, a fin do alento. Considero, así e todo, que non atravesa o límite de percepción/metafísica. Polo que entendín, pódeste sentir parte dunha realidade extracorpórea, parte indistinguible, nun caso destes, pero o de sentirse "no Nirvana" ao non termos xa cerebro, cando os nosos corpos sexan cinsa, ou terra, ou nada, non o trae a conversa.
Un documento, en resumo, moi conmovedor, con todo o significado léxico desta palabra. E desculpade que me extendese tanto neste comentario gratuito, pero a verdade é que resulta máis próxima a fala desta muller ca, por exemplo, o que lle dixo Pepe a Messi, ou Messi a Pepe.
Forte abrazo.

O'Chini said...

A mim nom me vai o video....
nom o hai em youtube?

O'Poldow said...

Eu vino no Tube, sim