sábado, 11 de fevereiro de 2012

Jill Bolte Taylor 2

Jill Bolte Taylor - desconexión do hemisferio esquerdo

Mr O'Chini, aquí deixo outro vídeo da mesma conferencia. Este é de youtube e a calidade da imaxe e moitísimo mellor. Aínda se disfruta máis desta interesante e amena exposición.

Os que xa vistes a conferencia, non tedes a sensación de que hai momentos que está a describir imaxes da película Avatar? Ou que parece pertencer a algunha corrente filosófica ou relixiosa oriental? Ou mesmo non senstistes a Forza? :-D


Menos mal que vive no século XXI e é científica norteamericana. Noutras épocas e/ou lugares a ciencia oficial (a ciencia como Dios manda) acusaríaa de adorar ao diaño correspondente, de provocar malas colleitas, xeadas e sequías e abortos de mulleres e gando... No mellor dos casos, acabaría vestindo de por vida unha fermosa camisa de forza.

1 Comment:

Marta said...

Parece que se tomou "algo" e tivo unha viaxe extrasensorial!! Moi interesante! Mola como se expresa, si parece que casi esta dando misa. Pero as historias do cerebro poden facer que teñas experiencias alucinantes. Senon léete o libro de "El hombre que confundió a su mujer con un sombrero" e xa verás!!