quinta-feira, 16 de dezembro de 2010

A justiça dum lonjano pais nom tem a documentaçom no seu próprio idioma

Ciencia ficçom? Nom. Lamentávelmente, realidade.
Lamentavelmente esse pais é Galiza.

E para mais inri, o que se julga é de julgado....

O xulgado no que foi citado Callón, sen documentación en galego

O presidente d'A Mesa emprega o seu dereito a "non declarar" tras non serlle facilitados en galego os documentos da denuncia que interpuxo contra el o xuíz decano da Coruña.

O presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, aferrouse ao seu dereito "de non declarar" tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, por "afear" o seu defensa do topónimo 'La Coruña'. En concreto, Callón solicitara a documentación "en galego" e que aínda non lla facilitou.
En concreto, o presidente d’A Mesa rexeitara publicamente as declaracións do maxistrado durante un xuízo contra un veciño coruñés nas que supostamente aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". Así, a asociación pronunciouse para lembrar "obrígaa dos servizos públicos de cumprir a lei por encima das súas opinións particulares", neste caso a Lei de Normalización Lingüística.

Ler a noticia completa.

0 Comments: