O PSD paralizará o TAV Porto-Vigo de gañar as eleccións.
A candidata da dereita, Manuela Ferreira, anunciou que tamén cancelará o corredor Lisboa-Badaxoz, e recordou que Portugal "non é unha provincia española".
Redacción - 19:00 13/09/2009
Tags: alta velocidade debate eleccións José Sócrates Manuela Ferreira Portugal TAV
Debate entre Sócrates e Ferreira
Debate entre Sócrates e Ferreira
"Cometemos un erro estratéxico" se Portugal suspende as conexións ferroviarias de alta velocidade co Estado Español, reprochoulle o actual primeiro ministro e candidato do PS (centro-esquerda) á reelección, José Sócrates, á Manuela Ferreira Leite.
Foi este sábado, nun debate televisivo, en que a aspirante do PSD (dereita) á Presidencia do goberno portugués anunciou que de gañar o seu partido as eleccións do 27 de setembro paralizarán o proxecto para unir por TAV Porto e Vigo, así como tamén o de Lisboa-Badaxoz que vai cara á meseta peninsular.
Ferreira, no entanto, reprochoulle ao Sócrates que "Portugal non é unha provincia española", insinuando intereses agochados. "Non gosto de españois metidos na política portuguesa", sinalou a conservadora.
"Preocupación" no goberno español
Ao respecto da polémica, pronunciouse este domingo o ministro español de Fomento, o galego Xosé Blanco, que se mostrou preocupado pola polémica. Ferreira Leite considerou tamén este domingo "normal" a preocupación, mais sostivo que negociará co goberno español de saír electa primeira ministra.
domingo, 13 de setembro de 2009
Sinto-o Chini, mais podo comprende-lo.
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
1 Comment:
Fixemos este domingo, num trem portugues, Braga-Lisboa a umha meia de 150 km/h, em tramos a 200 km/h, na sua totalidade electrificado.
Em total, 3.15 horas, uns 400 km.
A distáncia de Braga á Corunha é de 2.30 horas em carro, uns 250 km.
Nom foi AVE nem nada, senom um trem em condiçons.
O AVE , Alta Velocidade Espanhola, na Galiza vai ser de Velocidade Alta, nom "Alta Velocidade", umha conha marinheira que significa que nom vai superar os 200 km/h em ningum tramo.
Toca-te las pelotas. Isto significa que se fixeram as cousas bem, e hovesse umha rede de caminhos de Ferro (saudos a Rodriquez, ho) como Deus manda, nom nos faria falta AVE.
Mais, a pesar de todo, estaria bem.
Eu tamem compreendo á Leite.
Saudos desde Lisboa, sigo o glogue, mais nom tenho tempo de escrever. Mais, prometo um resumo das aventuras, que algumha hai.
Post a Comment