Un home está sentado no AVE con destino Sevilla, agardando a que o tren se poña en marcha dende a estación de Atocha. Nese intre, descobre a unha muller absolutamente abraiante que está entrando no tren. Decátase que se dirixe cara ao seu asento e...Deus existe! acomódase á súa beira.
Tras moito dubidar, ao final pregunta con timidez: -O-o-ola... Para que vas a Sevilla? Traballo ou pracer?
Ela mírao e respóndelle de xeito sensual:
-Traballo. Vou á III Convención Anual de Ninfómanas da Unión Europea.
Traga saliva. Aquí está unha das mulleres máis fermosas que viu na súa vida, sentada ao seu carón, e vai a unha convención de ninfómanas!!Loitando por manter a compostura, pregúntalle finxindo estar calmo:
-Ah si, de ninfómanas... E que fai vostede exactamente nesta convención, se non é indiscreción?
-Non, por Deus.. Son unha das relatoras -respóndelle-. Falo dende a miña dilatada experiencia, para desmontar moitos tópicos erróneos sobre a sexualidade.
-De veras? -sorrí- E que tópicos son eses?
-Ben -explica-, como vostede saberá, adóitase dicir que os de raza negra son os homes mellor dotados fisicamente, cando non é certo. En realidade son os indios cherokee os que posúen esta calidade. Outro mito moi popular é que os franceses son os mellores amantes, cando en realidade son os de ascendencia polaca. E tamén comprobamos que os homes máis fogosos, en calquera categoría, son de orixe galega.
De pronto a muller incomódase e ruborízase:
-Perdón -dille-, que vergoña, en realidade non debería estar falando deste tema con vostede, cando nin sequera sei o seu nome....
-Nube Branca -respóndelle-. Nube Branca Kowalsky, pero todo o mundo me chama Manoliño.
quinta-feira, 16 de julho de 2009
NO TREN
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
5 Comments:
Hua, Hua....xa o sabía, pero non me acordaba...esta ben...
hohohoho!!! Que bom!!!
(apareciches!!)
xa me descubriches!!!
hahahaha :)) (E que ben redatado, ho) Dá ata vontade de linkear!
hehehe!!! Magnifica conjunçom genómica!!! hehehehe!!!!
Post a Comment