sábado, 29 de março de 2008

O anano do souto


Heii!!! Que morriñento este Lorenzo! Tamén comparto o teu sentir. Acabo de ver agora a tua invitación e inauguro a miña participación cunha ilustración que fixen para un libriño de poesía infantil titulado "O souto do anano". Vou a fardar un pouco dicindo que foi seleccionado para a pasada edición da Bienal internacional de ilustración de Bratislava! (Unha das máis importantes xunto coa de Bolonia e Portugal).

Para quen non saiba nada da miña vida, dicir que ultimamente estou traballando bastante para editoriais sobre todo Santillana e Obradoiro. Estou contenta porque este ano empecei a recibir mais ofertas aparte de esas dúas: Anaya, "Oxford University press", Bahía edicións, outra vez xerais... Aínda que non puiden aceptar todas estas ofertas, pois non dou a basto co curre que me da Santillana.

A última oferta que recibín e super curiosa e me parece moi interesante. Un grupo de música antiga, que reside aquí en santiago de Compostela, propuxome ilustrar un libro-cd para achegar a súa música a nenos de 0-3 anos. Pasáronme uns cantos cds que publicaron, entre eles un que me chamou a atención porque eran as poesías de Rosalía de Castro, cantadas por unha soprano e acompañadas por esa música antiga.
O que se puxo en contacto conmigo, Fernando Reyes, estivo en alemania uns cantos anos para sacarse o titulo de superexperto en instrumentos antigos de corda, como o laud, a tiorba e a guitarra barroca. O grupo chámase "Resonet" e tamén introducen instrumentos como, a gaita, a frauta, a zanfona... Non sei, tocoume de novo esa fibra nostálxica do grupo dos zángallos, e faime ilusión este proxecto. Depende dunha subvención cultural da universidade de Santiago, a ver se vai adiante.

Uf! que tarde é, voume a durmir...
Alégrome por esta iniciativa, espero que non decaia, e un saudo a todos os que pasades por aquí.

Por certo se alguén quere ver máis ilustracións miñas este é o meu blog: martaria.blogspot.com (non sabía como añadilo aos enlaces, pois non atopo esa opción, igual está restrinxida, así que Lorencini, se ti sabes como, pono por ahí...) Bicos.

6 Comments:

Marta said...

Vaia vexo que este blog é intelixente e xa engade el soiño os enlaces doutros blogs....(a informática esa rama misteriosa para min...)

O'Chini said...

Hei Martaaaaaaa!!!!
Nom hó! Fum eu o que che meteu o link ontem, o que passa é que era tarde e nom escrevim nada!!! Para ponher um link no texto, tes que , primeiro marcar o texto co rato (por exemplo "o meu blog é *ESTE*"), e logo dar-lhe a um dos iconos que aparecem quando escreves os pots (penso que é o terceiro pola esquerda ou algo assi). Depois, aparece um menú onde tes que ponher o endereço do link.

Molam mogolhom os teus desenhos!! Incitam á imaginaçom, devolvem a quando era pequeno e o mundo parecía muito máis alucinante.

A ver como che vai o do grupo, é quando tenhas algum endereço ou link, ja sabes.... Quero escoitar... eu boto moito de menos o da música....

Gonzalo Amorin said...

Que chulada os teus debuxos Martinha!! Son-che bem paveros! Alegro-me de ter novas tuas e de que todo che vaia tam bem.

Um bico doutro Zángalho nostálgico.

Maria said...

Que pasada de debuxos!!son chulisimos.

Anônimo said...

Bonito debuxo! e que interesante todo o que contas!

O'Poldow said...

Cantas cousas! Ó Marta, tudo ben?
Alégrame saber das túas novas boas na produción artística, que abonde a lenha para o teu lume creador! (opa que metáfora me quedou... quero dicir que as augas da imaxinación che asolaguen o apartamento!... ou así, oqueseyó!). O Anano xa o vira en papel, alá no Tambre, e xa daquela me parece megaplástico e b.b.p.s (benbonitoporquesí). Bon traballo e estámonos posteando!