quarta-feira, 19 de setembro de 2012

a long, long time ago...

... I can still remember how
That music used to make me smile


Ven isto a conto dunha mensaxe que recibín onte no Facebook.

Moitos de vós lembraredes aquela web (ghastaspista.com) na que xunto a algúns dos máis grandes da música galega aparecía unha humilde ¿maqueta? dos, daquela aínda mozos, Zángalla Mángalla.

Pois ben, hai pouquiños días outro dos egréxios colaboradores deste blogue engadía, 5 anos despois do último, un novo comentario ao "En Concerto" de Zángalla Mángalla. E que ten que ver o facebook en todo isto? Pois que foi o xeito en que me atopou Raquel Gamallo, a rapaza que xestiona ghastaspista.com, para reenviarme dito comentario. Así que velaí o comparto con vós:

Oscarparadela: Rapaces cada vez que escoito a maqueta morro de nostalixa, tedes que xuntarvos e gravar un LP en directo a modo de despedida ben feita como fixeron os Heroes del Silencio!! vos encargádevos da música que eu movo o tema técnico wink Biquiños a tod@s!!

Estaba ollando como redirixirvos a mensaxe e ocorreuseme buscarte no facebook
wink

Un saúdo!!


http://www.ghastaspista.com/discos/comenta.php?id=141

Así que o desafío está sobre a mesa, agora só nos queda "actuar" (nunca mellor dito) en consecuencia. Iso si, en canto as crianças (recén vidas e a piques de vir) deixen un chisquiño de tempo.


PD: Por certo, ás veces préstame máis esta versión do American Pie

segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretanha

Esta fermosa historia narrada musicalmente:



Gústavos?

quinta-feira, 13 de setembro de 2012

Reflexión apoiada en citas célebres

Que a esquerda está dividida é un feito incontestable dende a súa propia formulación. Que a dereita controla e manipula os medios informativos masivos (aos que subvenciona con cartos públicos) non nos colle de sorpresa. Que a actitude pasivo-pasota-queimad* favorece ao resultado electoral da dereita, divide máis á esquerda e é 99% froito da manipulación informativa, é un feito. Que a escisión no nacionalismo non chegou no mellor momento está á vista. Que a vella garda cometeu erros de integración das diferentes correntes dentro do nacionalismo tamén o vemos todos. Que a esquerda triunfa electoralmente cando se presenta unida demóstrao a historia. Que ser político e facer política implica saber negociar, ceder, contrastar intereses e plantexar o ben común! Que o 90% do electorado nacionalista de esquerdas temos o "corazón partío" e non sabemos dicir se queremos máis ao papá ou á mamá! Que esa mesma porcentaxe nos sentimos irmáns da maioría de propostas de esquerdas! Que non nos cremos nin que os da UPG sexan malos malísimos manipuladores, nin que os Irmandiños e Máis GZ queiran esnaquizar o nacionalismo galego nin que IU sexan uns españolistas! "Se nos organizamos, follamos tod*s" (Antón Reixa) "Sexa quen sexa, un nacionalista é un compañeiro" (Mª Xosé Bravo) "Luchamos entre nosotros mientras ellos se ríen, unámonos contra ellos porque sólo son muerte" (La Polla Records) "Odiamos aos romanos, pero inda odiamos máis..." (Monty Python) "A coalición é un acordo de unidade de acción e non un casamento, e segue aberta" (X.M.Beiras) "Es lo primero, ganar la guerra y después, sólo después, podremos hacer la revolución" (Siniestro Total) "A nosa posición, no BNG, é clara e coherente: soberanía, democracia e traballo. Unha posición transformadora e emancipadora no social e no nacional, para poñer o centro nas persoas, nas maiorías sociais, nos seus dereitos e benestar" (Xavier Campos) E quixera lexitimar esta reflexión apoiado no privilexio que me proporciona o contar entre os meus fans (e algúns tamén amig*s) con Ana Pontón, Martiño Noriega e Carlos Aymerich... (entre outros) Longa vida ao nacionalismo de esquerdas! Roberto Sobrado

segunda-feira, 10 de setembro de 2012

Temporada de patos


Que pasa, garot@s? Isto xa me lembra unha pelícona mexicana, entitulada tal que o título deste post. O blogue coma unha bandada de patos en que ás veces vai un adiante, despois outro, coma en triángulo ou ala delta: poeticamente, fendendo o aire do tempo.

Así que vai un terceiro meu seguido xa post, e que sexa cuaternario. Musical por un, francófono por outra, pseudo-canadiado por un terceiro, montrealés pola miña banda. Novidoso polos que menos se manifestan. Igual vistes estes días os europeos a nova sobre a victoria do soberanistas no Québec, que se saldou cun morto debido a un tolo... Os galego-chineses a güevo que a viron.

No Estado Españolo, preparando por Levante a Diada os cataláns, sen reparar en gasto de bandeiras esteladas. Aquí sen clima de eleccións, polo menos o clima aquel do Brasil que eu lembro, en que cada candidato tiraba o seu propio jingle e as eleccións parecíanse ás veces a un concurso da OTI.

E dígome eu agora: E el que canción darían os polo menos catro partidos nazonais da Galiza?

ANOUVA roubaríalle seguramente a participación de Juan Pardo ao propio PêPe, e "Xuntos" adquiriría tintes soberanistas. Habería en todo caso que ver se o devandito trobador aínda está vivo, ou polo labor.

OSOE tiraría de clásicos, e na súa onda latina de pana remontada, talvez optase polo título esclarecedor do seu posible senviver: "No soy de aquí ni soy de allá" (Do magnífico Facundo Cabral que, por outra parte, ben vale unha misa atea, e morreu dunha maneira que mandou moito carallo en Guatemala...).

E despois a parella de baile dos que bailan senlleiros. O PêPe e o Blo-Q. Con estes, é claro, foi cos que máis voltas tiven que darlle. Respecto aos últimos -que algún día serán os primeiros- talvez descubran o que eu veño hai anos dicindo polo calado: que as verdadeiras raigames da Galiza futurible pasan... por Jalisco, e botaríanse á música de veras.

E Pêpe? Seguramente botarían man de Michel Tellô, eu creo, excusándose nos recortes, pero négome a darlles aínda máis cancha nin a uns nin ao outro...

E quedemos en fin por hoxe cos soberanistas, quebequeses e sentimentais.






.

segunda-feira, 3 de setembro de 2012

Bichos

Nós