quinta-feira, 31 de maio de 2012

El peor enemigo de España... los españoles


Ao fío deste interesante artigo de Sala i Martín, foi inevitable escribir a seguinte reflexión que dende hai moitos días me ferve na cabeza con toda a situación que estamos a vivir... Opinen vostedes!

Na aldea do meu pai, moita xente emigrou a Venezuela entre os anos 50 e finais dos 70. Cando viñan de vacacións todos mencionaban o impresionante país que era, cos seus privilexiados paisaxes e inmensos recursos naturais, o que paradoxicamente contrastaba coa pésima economía do país en xeral e da maior parte da poboación en particular. E tamén sempre coincidían no diagnóstico, que resumían na mesma frase: "Venezuela é un gran país, pero ten un problema: os venezolanos"... (nunca deixou de sorprenderme escoitar esas frases a persoas dun país do que había que emigrar).

O problema de España son os españois, e máis concretamente o sistema mental-cultural español, que eu compendiaría en tres paradigmas: mantenella e no emendalla, negación da realidade e ausencia de responsabilidade persoal (ética e xurídica).

Esta mentalidade irreflexiva, irracional, irresponsable, individualista e cortoplacista producíu os máximos efectos destrutivos despois de que se dera ao seu redor o mellor caldo de cultivo para ela: un período de tempo longo (suficiente para que moitos dos individuos afectados por esta mentalidade considerasen perpetuo) con abundancia de cartos fáciles e ausencia de límites éticos ou xurídicos.

O feito de dispoñer durante tanto tempo de moitos cartos que non xeramos co noso esforzo posiblemente non tivo parangon en toda a Historia dos Reinos da Península Ibérica, se exceptuamos a etapa do ouro e a prata americana. A literatura do Siglo de Oro describe exquisitamente os resultados da magnífica xestión das élites casteláns sobre toda esa inconmensurable riqueza para a poboación e a economía do Reino de Castela naquel intre. A longo prazo, gustaríame lembrar que cando España entrou na CEE, a inmensa maioría do seu territorio estaba moi lonxe da media da riqueza europea... Agardemos que a historia non se repita.

Agora fálase dunha posible década perdida. Eu coido que, como mínimo, será unha xeración a que necesitaremos para lavar a lamentable e bananera imaxe de improvisación, inmadurez, incompetencia, irresponsabilidade e falta de seriedade que a sociedade española, a través das súas clases política, xudicial, económica e financeira, está a dar no mundo. A un extranxeiro que lese na prensa as novas do Rei, Garzón, Bankia, Díaz Ferrán, ou vise nos telexornais as imaxes de Rajoi fuxindo dos xornalistas no Senado ou Zapatero só nas xuntanzas internacionais, que se lle pasaría pola cabeza? Se todo isto acontecese en Venezuela, seguramente un español pensaría "¿E estes son os xefes? Se é o mellor que produce esta sociedade..." Por certo, pola conta que nos trae, espero equivocarme!

Durante varios anos vivimos como "cigarras", dándolles leccións ás "formigas" de como había que facer as cousas. Éramos españoles, el ejemplo y envidia del mundo. Nuestros deportistas eran los mejores... Agora, como sabiamente din en Xogo de Tronos, "Winter is coming". Na miña aldea dirían que nos agarremos, que veñen curvas...

Disculpade se me extendín demasiado, pero ultimamente disfruto dunha inflamación constante das miñas gónadas por culpa de toda esta situación tan inxusta e que ofende tanto á intelixencia. A permanente búsqueda do culpable, a permanente ausencia de consecuencias... É moi curioso, todo o mundo o fixo sempre ben, todo o mundo sabe quen o fixo mal, pero nunca aparece ningún responsable nin hai ningún delito ou sanción aplicable a todo o que non se fixo ben... No fondo, todo é moi español: pase o que pase, non pasa nada pero fálase moito para aparentar que pasa algo.

Remato cunha frase magnífica de Ralph W. Emerson, escritor, filósofo e poeta: Canto máis alto falaba do seu honor, máis rapidamente contabamos os cubertos.

Poema


Sinto non traducilo...pero é tan fermoso ;-)

ESTA NOCHE

"tus poemas
sobre mujeres
se seguirán leyendo
dentro de cincuenta años,
cuando todas ellas
hayan desaparecido",

me dice
por teléfono
mi editor.

querido editor,
parece que las mujeres
han desaparecido ya.

sé lo que quieres decir

pero dame
una mujer
de verdad viva
esta noche
caminando
en dirección a mí

y quédate con todos los poemas

los buenos
los malos
o cualquiera que pueda escribir
después de éste.

sé lo que quieres decir.

¿sabes tú
lo que quiero decir yo?

C. Bukowski

terça-feira, 22 de maio de 2012

O pozo de Aran

Vou recuperar este temita popero de Carlos nuñez. A ver se imos millorando a calidade dos temas musicais ;-)

 

sexta-feira, 18 de maio de 2012

En compensación do anterior

Outra idea de México, DF

sexta-feira, 11 de maio de 2012

Temazo!

Xa que vexo que andades un pouco atravesados e dandolle as drogas...eu vou por o meu graniño de area :P

quarta-feira, 9 de maio de 2012

Música para días atravesados



segunda-feira, 7 de maio de 2012

Novas de hoje.

Mirade o que punham no telejornal hoje quando me erguím.