terça-feira, 30 de junho de 2009

Torre de Hércules, Património da Humanidade!

Corto e colo este magnifico artigo sobre umha boa nova, com o permiso d'O Galaico:
http://ogalaico.blogspot.com/2009/06/torre-de-hercules.html

Ontem se fez história na comunidade galaica. Torre de Hércules na Corunha classificada como Património da Humanidade. Foi considerada como umha “obra excepcional” polo comité, afinal trata-se nada mais, nada menos que o mais antigo faro em activo em todo o mundo.


Atribui-se a sua construçom aos romanos, embora haja autores que apontam para o facto de já haver no mesmo local um faro antes da chegada dos romanos ao norte de Galiza.

Na base da torre está a inscriçom MARTI AUG.SACR C.SEVIVUS LUPUS ARCHTECTUS AEMINIENSIS LVSITANVS.EX.VO. que indica como arquitecto um tal de Gaio Sévio Lupo, natural de Aeminia (actual Coimbra) que a construiu em comprimento de uma promessa a Marte deus da guerra.


No entanto existem várias lendas sobre a sua possível origem. Umha delas conta que Hécules chegou de barco às costas da Gallaecia e no lugar que se encontra hoje a torre enterrou a cabeça do gigante Gerión, depois de vence-lo em combate.

Gerión, rei de Brigantium (actual Corunha), era um tirano que espalhava o terror com sua governaçãom Um dia decidiu-se pedir ajuda a Hécules. Este derrotou o rei e fez levantar a Torre de Hércules!


Outra lenda muito difundida é a lenda de origem irlandesa constante no famoso Livro das Invasões da Irlanda que aponta Breogam, líder do mítico Povo Milesiano que colonizou a Irlanda, como o construtor da torre de um alta torre. E que de acordo com a mesma lenda, Ith, filho de Breogam, teria avistado a Irlanda pela primeira vez do alto da mítica Torre de Breogam. Para compreender melhor consultem um antigo post de Ogalaico.

No entanto o nome oficial deste magnífico monumento está relacionado com o deus e herói da antiguidade – Hércules.

Carlos Brochados de Almeida di-nos que apesar do diminuto número de achados arqueológicos, o culto a Hércules é uma realidade no Noroeste Peninsular.

Para além do faro romano da Torre de Hércules existe ainda a referencia a este herói num Ara Votiva encontrada no Castelo de Lindoso, mas provavelmente originária da povoaçom castreja romanizada de Cidadelhe, onde consta a seguinte inscriçom: HERCVLE com nexos em HE e VE, nom se conseguindo detectar mais texto devido ao desgaste da pedra.

Existe tamém umha outra ara originária de Guimarães e uma estatueta em bronze encontrada em Santa Tecla, representando o herói, barbado e nu, com diadema na cabeça e na mão esquerda os três pomos de ouro da lenda das Hespérides.

Fora das zonas castrejas, as inscrições dedicadas a Hércules são mais de duas dezenas, concentradas na Lusitânia e na Bética.

Tal como Marte, muito venerado entre os povos do Norte, também Hércules é uma divindade ligada à causa bélica. Mas no geral o culto a Hércules difundido entre os romanos e pelos romanos está intimamente ligado a duas funções: a guerreira e a protectora. Funções essas intimamente ligadas com a própria Torre de Hércules.


As razões para o fácil acolhimento do culto a Marte e Hércules entre os povos castrejos do Noroeste Peninsular, explica-se polo facto do pugilato, a corrida, a escaramuça e o combate serem qualidade que determinavam o valor pessoal de um Galaico, qualidades aliás comum às demais sociedades indo-europeias.

quinta-feira, 25 de junho de 2009

Sitemeter...

Xa vin que añadiches un programilla de estadisticas para ver o numero de visitas do blog...pero a min gustame mais o que teño eu hehehe que é o "Sitemeter" Pareceme mais claro e limpo e con datos que non vin nese igual por non buscar ben...

Este ten un mapa no que podes ver as 100 ultimas visitas (na version gratis, ata 500 na pagada) son puntos de diferentes colores segundo se foron recentes ou non...Como mola...Incluso ten zoom...

Logo podes ver a duracion das visitas ( no que puxeches non o vin por nengun lado, igual porque non me fixei ben...hehe)


Tamen podes ver mais detalladamente as caracteristicas de cada visita...

E non puxen mais ventanas, pero por suposto tamen ten graficos, por dia, mes ano etc....
Este me parece bastante ordeado e menos caotico....que o saibas hehehe.....

quarta-feira, 24 de junho de 2009

Aniversario da traida dos restos de Castelao

O seguinte 28 de Junho cumplem-se 25 anos que trouxeram os restos de Castelao a Galiza. Para alguns, Castelao estava a ser traiçoado. Ele deixara-o escrito: queria voltar cando Galiza estivesse liberada. E vendo a que esta caendo, eu diria que a traiçom a este pais continua, mesmo esta institucionalizada. O nojo que sinto cada manha lendo os jornais e indescriptivel, ainda que nom escreva moito sobre isso aqui. Sera que tento esquecer toda a merda. O povo galego e o seu idioma morre a mans de catro mequetrefes e coa connivencia dumha maioria durmida e inconsciente.

O video, e sobre todo as palavras de Tareixa Navaza na TVE forom emocionantes. O Governador Civil quixo parar a retransmisson (ver aqui ). Mais tarde ela foi relegada a trabalho de aquivos pola sua actuaçom.





“Eu cría que Castelao estaría mellor aquí que na Chacarita (cemiterio arxentino que acollía os restos do escritor). Houbo xente que tirou do peto iso de que Castelao non quería volver a Galicia ata que esta estivese liberada, pero a realidade é que xa rematara o franquismo que era o que o levara ao exilio e polo tanto podía regresar”, comenta Camilo Nogueira, daquela deputado de Esquerda Galega e que fixo a proposta parlamentaria para repatriar os restos, logo aprobada por unanimidade polas forzas políticas presentes na Cámara, que non eran todas. Os tres deputados do BNPG-PSG foran expulsados por negarse a xurar a Constitución, posto que consideraban que non recoñecía os dereitos nacionais galegos. Montados nesa polémica, eles comandaron o rexeitamento á decisión. “Nogueira fixo un papel tristísimo, facéndolle as beiras a todos aqueles que realmente o que querían era sepultar as ideas do nacionalismo e do propio Castelao”, afirma Francisco Rodríguez, entón, como agora, dirixente da UPG, integrada na coalición apartada do que eles denominaban “parlamentiño”. Aquela división chega ata hoxe, malia que durante moitos anos Nogueira e Rodríguez compartiron espazo político no BNG, incluso un como deputado en Madrid e o outro en Bruxelas. “Se falamos daquilo durante todo ese tempo? Non, para nada. Eles non son dados a recoñecer erros e por iso os seguen a cometer”, afirma o ex europarlamentario. Non obstante, ambos comparten unha idea: “O ideario de Castelao segue vixente”.


Rodríguez explica a súa postura, que reafirma 25 anos despois. “ trouxeron o cadaleito para nada. Alí está abandonado en Santo Domingos de Bonaval, sen ningún tipo de recoñecemento, facilidade para visitalo ou información sobre a súa obra e ideoloxía, iso demostra que o que único que querían era expulsar a Castelao na súa propia terra”. "[ Manuel Fraga AP e a Xunta] utilizaron o regreso dos restos de Castelao para aproveitarse da súa lexitimidade”, acusa Anxo Guerreiro, na altura deputado polo PCG.

Segue aqui o resto do artigo, em Xornal.com"

Parecidos razoaveis.... em Iran!!!

A ver.... a quem se parece este tipo? Vale, quiza cuns aninhos menos....
hehe :D Nom?
Um estudante iraniano mostra um cartaz (onde se lê "Onde está o meu voto?"), durante uma demonstraçom em frente á sé da ONU em Kuala Lumpur, Malásia.

segunda-feira, 22 de junho de 2009

Caprichos da natureza...Jerbos

Dende logo o que aprende un facendo animalicos para os libros infantis, i eu que non sabía o que era un Jerbo ou Gerbo (non sei en galego).Polo xeral son como hamsters pero coa cola máis larga, estes en concreto ademais teñen as orellas supergrandes...Hehehe


sábado, 20 de junho de 2009

New York!

Ola a tod@s! aquí vos deixo unhas fotiños da nosa viaxe a New Yorke; as primeiras son de febreiro (gorro-abrigo-luvas) e as últimas de fai uns poucos días... unha cidade Im-presionante que vale a pena visitar ;)

Foto sacada dende a ponte de Brooklyn ó atardecer

Ponte de Brooklyn

Vista dende o ferry que sae de New York cara Staten Island.


Wall Street and american coffee.

Dende o alto do Rockefeller Center; atrás Central Park.

Times-Square, unha tarde de sábado.

E con American Airlines de volta a casa! Co que me gusta voar a min... a ver cando lle saen patas a estes bichos para poder ir tranquila...

Acusan ao xefe do CNI de usar o seu cargo para mercar patacas de Carballo

Thriller e suspense hispano-galaico. O PP contraataca depois do caso Gurtel. El Mundo destapa um novo caso de corrupçom, esta vez com espias do Centro Nacional de Inteligéncia. A operaçom "colhido polas patacas" pode dar os seus frutos. Pajares e Esteso declaram que a levaram ao cine.


Os seus parentes carballeses negaron onte taxantemente estas acusacións. Mercedes e Alfonso Caamaño Rodríguez, curmás políticos de Alberto Saiz, mostraron a súa indiganción ante as imputacións. “É todo mentira, sempre levou patacas daquí de toda a vida, hai máis de 25 anos, pero só unha ou dúas bolsiñas”, sinalou Mercedes. “Sempre que ven aquí dámoslle patacas, e tamén leva ovos das galiñas, acórdome cando viña no Renault 5 que levaba un saquiño para Madrid

Máis: http://www.xornal.com/artigo/2009/06/19/espana/acusan-ao-xefe-do-cni-usar-seu-cargo-mercar-patacas-carballo/2009061822225470874.html

sexta-feira, 19 de junho de 2009

De cociña...

Caray Chini, non sabía que te afeccionaras tanto á cociña. O digo polo dos blogs que puxeches á esquerda, ademais todos de cociñeiros portugueses e que te estas preparando para á tua nova estancia? hehe...

quinta-feira, 18 de junho de 2009

Hai que lavar as orelhas, ou aprender ingles, umha de duas!!

hehehe :D, que metedura de gamba!!!!

Manifestación de policias suspendida ao confundir os 'speakers' cos 'strippers'

'Strippers' en la manifestación de policías locales

A actuación de dous strippers na manifestación de policias locais chegados de toda España durou uns poucos minutos. A parella contratada para animar a marcha deixou o seu traballo ante as críticas dalgunhas mulleres, que consideraron indigna a imaxe que estaban dando. Un dos dous colectivos convocantes encargou-se dos speakers (locutores, en inglés), pero un malentendido fixo que se contratara a dous strippers -un home e unha muller, na imaxe- que bailaban ao ritmo da música enriba dun camión.

Noticia copiada de Chuza.org

Aznar contando um conto

terça-feira, 16 de junho de 2009

Hai que toma-lo com humor





Colhido de blogs de publico.es

domingo, 14 de junho de 2009

Paulistánia subjectiva



Caros e caras: enceto estas miñas aleutrónicas letras xa a cabalo entre o Butantã e a Alves Guimarães.
Ó minha gente! Tou bem contente, mozada... vou de mudanza, eita!!
E de este altiño de onde se perfilan as luces da Poulista, hei pasar ao mero mero corazón das trebas da luz, da luz das trebas, ás encostadas rúas de Pinheiros.
Agora si se abre a veda: ficades todos convidados a virme facer bo anfitrión!

E é iso, é mesmo: mañá tamén é a Parada. Esa é outra.
A máis grande concentración de GLS do mundo, e este voso seguro servilleta coas maletas ao llombo alí cabo da folía, mentres a purpurina e as fantasías de ouropel alagarán a Paulista e a Consolasón. Mudo... como é bom!

E nesas, pode que pola enerxía boa que estas cousas me tran, acontece que asistín entre onte e noutronte a un par de filmazoes que non podo deixar de vos comentar, que vos comento degorido, que vos encoraxo para que vaiades mirar tocados a gas....

A pirmeira: Viagem ao Principio do Mundo, do noso paisano de Alén-Minho Manoel de Oliveira... especialmente preparada para os que sentides a ausencia dela (ela que nos doi e nos sulaxa, e na que estamos na distancia, e na que en estando nela non sabemos nin estar). É un filme sobre un filho de portugueses que volta a aldea do pai. Nin en Forever Shaunsha (dito sexa con todo o amor) vira eu tan de perto a miña terra. A primeira media hora cansaresvos, mais ha valer a pena: é Don Marcelo (Mastroianni) enmeighando a cámara, é a estrada mareándote talmente coma quen fose a Arcade uns chocos comer. Mais agardade: despois, neste filme, hai un... unha... era ben velo en tela grande... non vos podo contar máis!

A segunda, especialmente dedicada para quen se sinta capaz de estar lonxe dela-outra: Compostela... Vin, entre alumnos e fans (do galego, o galego idioma), 13 Badajoladas!... e gostei para caramba. Un puta de viaxe por dentro da mente da esquizofrenia (tema: cómo todo esto está fóra da vida dos comúns, asepticamente caché). Ben dobradiña (e si: metéronma dobrada)... mais un puto bon produto porque si. E vina de graça, cousa de o InstCerv por veces se deitar de cara a nós. Mais era para ter que estar nos cinemas paulistanos... valíao ben!

E a outra (aínda que esa non vola vou poder pór tan ao xeito)... Arido Movie. Esta xa foi na tele, na TV Cultura ("a TV que faz bem"). Unha road con destino á caatinga, a terra agreste de seca e padeceres do Nordeste do país. O Fart Leste dos de por aquí. Maconheiros, balas, barra pesada, calor do sol. Pensei: esto tiña que estar nos Valle Inclán, nos Compostela (que non, que xa n’os hai). Tiñamos que darlle un xeito a iso: cómo presta descubrir cousas de noso en estando tan lonxe (e si, xa estou falando da lingua outra vez máis). Dicían no filme: "é cuspido e cagado a ele".

Coda: as imaxes: 1. Sodoma e Modorra pretiño de chez-moi. 2. Fotograma de "Viagem..." co monte da Guarda ao fondo (que saudades, Nossa Senhora!).



E como o medicamento catalán... Voltarem!

sexta-feira, 12 de junho de 2009

Arenga de Quico Cadaval


Alguns de vós já conhecedes ao Quico Cadaval dos míticos contacontos que pululavam por Compostela hai alguns anos. (Ainda haverá?). Umha vez até vinhera a fazer umha contada ao Cadarso. Falara dos "Irmáns Pedreira" e a sua motoserra. A algum fora-lhe mal coa risa, e mesmo outros comentaram que n'A Veiga tamem havia algum que outro "Pedreira" solto. (Onde andades Mingo e Gon!?)

Eu sempre fum um asiduo do seu verbo retranqueiro e incisivo. Pena que nom haja máis material na rede coas suas cousas.

O pasado 25 de Maio celebrou-se o III Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, e conjunçom co IX Dia Internacional da Toalha. Nem dúvida cabe que foi um acto sério e formal. Cos tempos que correm nom é para menos. O Quico Cadaval dou umha arenga em várias partes.



Primeira parte da arenga do Quico Cadaval (até a primeira interrupçom do Paulinho Oliveira) [10'34''].






Segunda parte da arenga do Quico Cadaval (interrompido em galego-português por Paulinho Oliveira e na "Lengua de Cervantes" por um outro espontâneo). Com a colaboraçom especial da atriz e jornalista Comba Campoy [16'12''].



E aqui tamem vos deixo umha contada das de antes, num local que nom conheço, lá polo 2003, sobre Los Korunhos, neno....

quinta-feira, 11 de junho de 2009

O que hai que ler!!!!


Coidadiño que foi a vaca quen o provocou por sair desnuda coas tetas ao aire!!!

terça-feira, 9 de junho de 2009

Corrupçom em Arousa - Arousa Vice

Ai ai que morro...!!
A ver, os da minha geraçom que viamos "Corrupcion en Miami" , nom me digades que nom e tal cual!
Gusta_vete, Noia tamem lhe daria bem, eh?



E aqui deixo o original, para comparar: http://www.youtube.com/watch?v=miWfaUPGG88 .
Estes de Aduaneiros Sem Fronteiras som boissimos!! Pena que nom sigam fazendo cousas...

O poder da musica

Ate os peluches se alegram...

O Mundo, agora mesmo

Aqui vos deixo um mapa do mundo em tempo real, coas luzes e sombras, e incluso as nuvens. Nom tenho nem ideia de se som dados reais ou simulaçons.... Aqui agora mesmo está nublado. E ai?


segunda-feira, 8 de junho de 2009

Piden que a Catedral e Zona Velha de Santiago sejam soberania do Vaticano



A LXIX reunión anual de catequistas voluntarios polacos, celebrada a pasada semana en Varsovia (Polonia) dirixiulle unha carta aberta ao Santo Padre, á UNESCO e a FIFA na que se demanda “a declaración de Santiago de Compostela como cidade santa da Cristiandade” e xa que logo, “a súa posta baixo soberanía do Vaticano da Catedral e Cidade Vella”.

http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3345

Troita ao limón

Ingredientes para dúas persoas:

1 filete de troita, ou varios pequenos (500 g en total),
2 patácolas,
1 cebola grande,
4 dentes de allo,
aceite,
viño branco,
o xugo de medio limón,
Romero e alcaparras (opcional pero recomendado)
sal.




Dificultade: media-baixa. Para Lorenzo, media. Jeje :)

Primeiro pelamos as patacas, e cortamolas en rodaxas cada unha e poñemolas a cocer nunha pota, cun pouco de sal. Mentres nos adicamos á troita e ao seu rustrido.


Nunha tixola botamos aceite (ao poder ser de oliva).
Laminamos os allos e picamos a cebola e botamos todo no aceite fervendo, para facer un rustridiño xeitoso. Esperamos a que se muchen ben a lume lento.




Despois botamoslle o zume de medio limon, un pouco romero e unhas areiñas de sal. Esperamos dous minutos, e botamos un bon chorro de viño branco e ponñemos o lume alto.





Pasados 7 minutos, ven o último paso: botar a troita e fritila no rustrido.
Ao final botamos as alcaparras, que lle da un gusto especial ao peixe.




Sen descoidar as patacas, esperamos a que estén ben cocidiñas. Botamos dous cachos de troita en cada prato ( no meu caso, tres para Lorenzo e un para min :) e unhas pataquiñas. O rustridiño por riba. Eu aqui, tamén lle engadin uns tomatiños pequenos, que van moi ben. E xá está. A comer, lambons!!!!


PD: Gon! Estou esperando pola tua receita da lasaña! E Uxio, os garbanzos! E o resto, seguro que tendes algo por ai!!

sábado, 6 de junho de 2009

Rescate no Limia.






Olá a todos e todas!! Ando de novo por aqui. Estivem algo perdido. Em fim aqui vos deixo umhas fotos bem chulas que nos tirarom num curso de salvamento em rios e riados que fixemos em Lobios, cousa bonita! A ver que vos parecem.

sexta-feira, 5 de junho de 2009

Curta de animacion: "Mon petit frère de la lune"

Este vídeo é unha preciosidade!... pero das de verdade!
Para os que non coñezan a historia, os autores desta curta teñen dous nenos, unha nena e un neno, este último autista... E claro, son os protagonistas desta pequena obra... As voces, son as reais de estes dous cativos e a historia está basada nas experiencias reais que teñen lugar nesa familia.
E unha curta emocionante e chea de cariño!
(Palabras dun colega de profesion, e ten razón!)
Como non o podo colgar aquí deixo o seguinte enlace:
"Mon petit frère de la lune"

O libro dos coelliños suicidas!

Hoxe merquei dous libriños de tiras comicas ben simpaticos! " O libro dos coelliños suicidas". O autor do libro é Andy Riley. Pequenos,peludos e suaves coelliños que non queren seguir vivindo ¿Porque estas criaturas tan entrañables queren suicidarse? Noorr. Cada viñeta nos mostra unha forma, as veces rídicula, as veces macabra, as veces imaxinativa de suicidio "acoellante" haha. Agardo que vos resulten tan simpaticas e estupidas como a min... Ahí vai unha pequena mostra de promocion...







quarta-feira, 3 de junho de 2009

Pobriña...!!

Copio e pego a seguinte noticia que me resultou curiosa e triste á vez...

Una niña de 5 años criada por perros y gatos que se comunica como ellos

jueves, 28 de mayo, 19.21
El servicio de protección de menores de Rusia descubrió en Tchita (Siberia oriental) a una niña de cinco años que fue "criada por varios perros y gatos", y que sólo habla "el lenguaje de los animales", anunció el miércoles la policía local.
La niña criada con perros y gatos, Natasha. La niña, hallada en un piso destartalado donde convivía con sus padres y sus abuelos, que no se ocupaban de ella, nunca salió de la casa y nunca le enseñaron a hablar, por lo que trató de comunicarse ladrando y aullando. "Durante unos cinco años, la niña fue criada por varios perros y gatos y nunca salió de la casa", indicó la policía de Tchita en un comunicado.

Hasta que fue hallada, "la pequeña (...) se tiraba sobre las personas como un perrillo" y durante todos esos años "sólo aprendió el lenguaje de los animales", añadió la nota policial, precisando que la niña comprende el ruso, pero no lo habla.

La niña fue trasladada a una institución donde recibe cuidados médicos y psiquiátricos, pero, según la policía, "se lanza contra la puerta y aúlla" cuando el personal deja la habitación donde está. La policía apoda a la pequeña Mowgli, como el protagonista de 'El libro de la Selva'.

terça-feira, 2 de junho de 2009

Chicago: última oportunidade


Boas rapaziol@s. Estamos a piques de nos mudar a Lisboa, la polo final de agosto. Se nos queredes fazer umha visitinha, este e o momento. E Chicago esta bem bonito com este clima!!!!

Food Fight

Mais que um videoclip isto e umha curta com musica. Require um pouquinho de tempo para ve-lo.

Guerra entre hamburguesas-panzer e pinchos-lanzacohetes. Sushi kamikazes e pretzel motoristas. Desolacom e destruccom total, milheiros de patacas fritas mortas, carne e ketchup por todas partes....

segunda-feira, 1 de junho de 2009

Carlos Nunes

Brasil somos nós

O gaiteiro galego Carlos Núñez conta para La Voz de Galicia a súa experiencia de un ano en Brasil dedicado a investigar e a preparar o seu novo disco, «Alborada do Brasil», de próxima aparición


Brasil somos nós

Para Carlos Núñez, ondas, alborada, estrelas, fogueiras de san Xoán, sereas, bruxas e orballo.
Veño de pasar un ano percorrendo Brasil, gravando o meu novo disco. Lanzarémolo dentro de dúas semanas. Chamarase Alborada do Brasil en homenaxe a unhas proféticas palabras que deixou escritas o meu avó. O seu pai, meu bisavó, José María Núñez, emigrou alí a principios do século XX dende A Mezquita (Ourense) e desapareceu. Sempre se dixo que o mataran por celos profesionais. El era músico, coma min, e sempre sospeitei o que as pesquisas están confirmando: que, en realidade, como moitos galegos, iniciou unha nova vida no Novo Mundo.

Pero isto non é o máis importante da historia. A cuestión é que esta frutífera exploración musical acabou por se converter nunha auténtica viaxe iniciática na que aprendín unha chea de cousas que atinxen a Galicia. Estas son as que gustaría de compartir con vós nesta serie de artigos que hoxe comeza, esperando que as miñas andanzas polo Brasil sirvan a máis xente.

Onde pervive a alma da gaita

Brasil sempre ten sido para os galegos unha patria secreta onde desaparecer. En Brasil falan a lingua seguramente máis semellante ao galego que existe, se non é a mesma... No Brasil segue viva a alma da gaita, transmutada noutros instrumentos. Alí, a cultura das cantigas medievais galego-portuguesas, os nosos instrumentos musicais cáseque desaparecidos, as nosas tradicións... mesturáronse e fixéronse universais. En Brasil vive o noso pasado e quen sabe se o noso futuro.

Alí atopamos a nosa desexada síntese entre a cultura urbana e rural. No Brasil, as ondas do mar, a alborada, as noites de luar, as estrelas, as fogueiras de san Xoán, as sereas, as bruxas e o orballo, por non falar dos nosos diminutivos... gozan do glamour do artisticamente universal. Dito con outras palabras: no Brasil vive unha Galicia cool . Imaxinade a cara coa que ficaron os da Sony cando lles contei todo isto mentres escoitabamos o disco: «¡Carallo con estos gallegos! Ahora van y crean la música galego-brasileira!».

O caso é que volvo a casa convencido de que a nosa relación con Brasil pode ser clave para Galicia na nosa continua reinvención do país e, por que non dicilo, na creación de novos mercados. Sei que está todo por facer, pero penso que poderíamos estar diante dunha nova conexión artística tan potente como foi a música celta, coa que dalgún xeito conseguimos, dende mediados dos anos noventa, poñer a Galicia no mapa para moita xente.

Na ronda de sabios que entrevistamos para o documental que estamos a facer en paralelo ao disco, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, xa nos avisou: «Brasil é unha grande aposta, non só económica, senón tamén cultural». O meu amigo Manuel Bragado, director de Xerais, resumiuno en tres palabras: «Brasil somos nós». Hai pouco tempo, Juan Luis Cebrián foi aínda máis alá e dixo que «Galicia ten a sorte de ser a terra das cantigas e pode ser a ponte de España e Europa co Brasil».

Sorprende que semellante mina non teña sido explorada por Galicia. Brasil non forma parte do noso imaxinario de afinidades como Arxentina, Cuba, Irlanda ou Portugal. Ata agora a nosa relación con este xigante de xa case douscentos millóns de habitantes debémoslla ao calado e tenaz traballo dos nosos emigrantes, aos non sempre comprendidos reintegracionistas e amantes da lusofonía e a algún pioneiro como don Valentín Paz Andrade, que nos anos setenta publicou unha xoia da que xa falaremos a próxima semana e que nos descobre un novo concepto: a Galecidade do Brasil.

Ninguén lles dixo de nós

O brasileiro de a pé descoñece a existencia de Galicia. Non é a súa culpa, nunca llo contaron. Era duro para Portugal recoñecer que parte da súa cultura vén dun territorio «lá na Espanha». Incluso ignoran onde está exactamente Santiago de Compostela. En cambio, o Camiño fascínaos, proba é o éxito sen precedentes do escritor Paulo Coelho.

Cando descobren que «todo iso» vén dese misterioso país, que non trae aparellado o «imperialismo» europeo, que tanto amola aos brasileiros, entón apúntanse sen dubidalo... Dalgún xeito Galicia axuda aos brasileiros a descubrírense a eles mesmos, nunha parte da súa historia que nunca lles contaran.

Nélida, a introdutora

Comeza a renacer un orgullo sen precedentes. A galego-brasileira Nélida Piñón, primeira muller presidenta da Academia Brasileira das Letras, nas súas aparicións televisivas e na súa obra, fala habitualmente do seu pequeno país de orixe. Trátase dunha persoa cunha intelixencia e enerxía deslubrantes.

Nélida foi un dos meus introdutores na jet cultural de Rio de Janeiro. Nas elites brasileiras dáste de conta do importante que é a música para o país. Todos, absolutamente todos, dende os escritores, os políticos, os empresarios, os militares... saben de música. Todos teñen os seus gustos musicais ben definidos e saben que no fondo, a música é unha das identidades máis fortes de Brasil, por enriba doutras artes. Lembremos a Gilberto Gil como carismático ministro de cultura.

Cecais o único lugar do Brasil onde todos saben que é un galego sexa Salvador de Bahía. Alí a nosa comunidade é potente e está moi ben organizada. Carlinhos Brown contounos que os galegos foron os primeiros en darlle traballo, nunha panadería. Gravar con este xenio indomable foi algo máis que música, foi unha experiencia antropolóxica.

Ter diante ao meu tocaio do Candeal ulíndote e examinándote, como faría un paisano noso, confirmoume a teoría que fun consolidando en Bahía: que entre negros e galegos hai algo moi profundo que nos une e produce unha irreprimible atracción. Quizais por iso no Brasil galego tamén significa 'louro, rubio, branquiño'. Son os opostos que se atraen.

Os outros grandes centros actuais do «poderío galego» son São Paulo e Rio de Janeiro. Alí, é curioso que máis que exhibirse, sempre tenden a esconderse misteriosamente... No Brasil os galegos aprenderon a organizarse en empresas con varios socios. Raro é atopar cabezas visibles, con excepcións que ben darían unha novela ou un filme...

Os galegos alí sempre se camuflaron como portugueses, máis que españois, ou simplemente como brasileiros. Este é un país que se come todo, non crea guetos étnicos. Todo ser humano transfórmase nun tempo récord en brasileiro. Iso mesmo acho que fixo o meu bisavó.

É posible que as percepcións dun músico non sexan científicas, pero como dixo un tal Leite de Vasconcellos: «Os artistas adivinham muitas vezes o que, por outro lado, os investigadores de História descobrem a custa de fatigante labor cerebral».

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/31/0003_7753371.htm